A nosa adega nace da paixón da nosa familia polo cultivo do viño. Esta paixón arráigase tan dentro do noso ADN que xeración tras xeración e seguindo os mesmos pasos que os nosos devanceiros vimos realizando dende hai máis de 100 anos.

Na actualidade poñemos todo o noso empeño en elaborar “PARRAS DOMINGO FORMIGAL”, un dos mellores Rías Baixas Albariño do mercado, un viño branco monovarietal 100% albariño.

Toda a nosa produción elabórase e embotéllase na propiedade, así podemos controlar todo o proceso e manter os parámetros de calidade que nos esiximos para os nosos caldos.

Cultivamos a nosa uva en varias parcelas cunha extensión total de 5,5 hectáreas, utilizando sistemas de condución tradicional, como son o emparrado e a espaleira, en terreos ideais para o cultivo da vide, con chans areentos e rochosos, terreos ben ventilados e con boa luminosidade.